A COMPARACIÓN  

        A comparación é un recurso para establecer unha relación entre dúas ou máis proposicións. Esta relación pode ser de igualdade, superioridade ou inferioridade. Algúns adxectivos presentan unha forma sintética para o comparativo de superioridade e para o superlativo. Son  os seguintes:

 

comparativo

superlativo

  bo   mellor   óptimo
  malo   peor   pésimo
  grande   maior/meirande1   máximo
  pequeno   menor   mínimo
  alto   superior   supremo
  baixo   inferior   ínfimo

             1 – As formas maior e meirande non significan exactamente o mesmo. Meirande quere dicir unicamente maior de tamaño; maior ten un sentido máis xeral.

        A comparación analítica é aquela que realizamos mediante construccións complexas, as frases comparativas. Segundo a relación establecida pode ser:  

COMPARACIÓN DE IGUALDADE

        Constrúese baixo esta estructura:

TAN/TAL/TANTO + adx. + COMA/COMO + segundo elemento

        En moitos casos pode empregarse indistintamente COMA ou COMO na segunda parte da comparación, pero noutros casos é obrigatorio o uso dunha delas. Emprégase COMA diante de calquera elemento que non sexa unha forma verbal e o seu uso é obrigatorio diante dos pronomes persoais. COMO é obrigatorio diante de verbos e tamén pode anteceder a calquera palabra que non sexa un pronome persoal.

         Exemplos:
               Ninguén sabe deste tema tanto coma ti. ( obrigatorio por ir diante de pronome persoal )

                Fíxeno tan ben como souben. ( obrigatorio por ir diante dun verbo)
                Xoán é tan simpático coma/como Xosé. ( neste caso teño posibilidade de elección)

  

COMPARACIÓN DE SUPERIORIDADE

        Este é o esquema da súa construcción:

MÁIS + adx. + CA/ QUE / DO QUE + segundo elemento

        Pode empregarse CA diante de calquera elemento que non sexa un verbo e o seu uso é obrigatorio diante de pronomes persoais. Cando o segundo elemento é un verbo temos que empregar DO QUE obrigatoriamente. A forma QUE usarémola en certos casos onde o emprego de CA non soa demasiado ben.

            Exemplos:
                Ti sempre tes máis cartos ca min. ( obrigatorio por ir diante de pronome persoal )
                Había moita menos xente do que pensaba. ( obrigatorio por ir diante de verbo )
                Gústalle máis o caldo con repolo que con grelos. ( neste caso empregamos QUE porque CA non soaría ben )

  

COMPARACIÓN DE INFERIORIDADE

        Constrúese igual cá de superioridade, empregando MENOS  en lugar de MÁIS.

  

CONTRACCIÓNS DA PARTÍCULA CA CO ARTIGO DETERMINADO

        A partícula CA contrae coas formas do artigo determinado:

  o a os as
ca cós cás

         Pero ¡atención! : a partícula CA non contrae na escrita coa preposición A nin  coas contraccións de preposición + artigo: ó, á, ós, ás.

            Exemplos:
                Gústanme máis as mazás cás laranxas.
                Sempre prepara mellor o peixe carne.
                Gústame máis a min ca a ti. ( non se fai a contracción porque  A é aquí preposición )
                Dálle máis ás nenas ca ós nenos. ( tampouco se fai a contracción)