DEMOSTRATIVOS E POSESIVOS  
  DEMOSTRATIVOS  

        A diferencia dos pronomes persoais que teñen sempre función substantiva, os demostrativos pódena ter substantiva ou adxectiva. En función substantiva contan con triple flexión de xénero: masculino, feminino e neutro. Cando funcionan coma un adxectivo, acompañan a un nome, ó que presentan e modifican.

FORMAS

  masculino feminino neutro
singular
plural
este
estes
esta
estas
isto/esto
  
singular
plural
ese
eses
esa
esas
iso/eso
  
singular
plural
aquel
aqueles
aquela
aquelas
aquilo/aquelo
   


CONTRACCIÓNS COAS PREPOSICIÓNS 

  EN DE
este
esta
isto
neste
nesta
nisto
deste
desta
disto
ese
esa
iso
nese
nesa
niso
dese
desa
diso
aquel
aquela
aquilo
naquel
naquela
naquilo
daquel
daquela
daquilo

CONTRACCIÓNS CO INDEFINIDO OUTRO

        As formas dos demostrativos contraen co indefinido outro. As formas resultantes só admiten morfemas de xénero e número no segundo elemento.

  singular plural
masculino
feminino
estoutro
estoutra
estoutros
estoutras
masculino
feminino
esoutro
esoutra
esoutros
esoutras
masculino
feminino
aqueloutro
aqueloutra
aqueloutros
aqueloutras

                  Exemplos:
                               Non quero estes discos, prefiro aqueloutros.
                               Entre eses e esoutros non hai diferencia.
                                Dáme aqueloutras, que me gustan máis.

USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS 

    1- As formas aquel, aquela poden funcionar coma un substantivo e con diferentes significados:
           Ten moito aquel para xogar ó balón. ( Moito xeito, moita gracia ).
            Preparaba a   comida con moita aquela. ( Con moito coidado ).
2- Ás veces úsanse os verbos aquelar e aqueloutrar, con significados moi diferentes segundo o contexto:

            Hasme aquelar esa radio, se fas o favor. ( Amañar )
            Desde que se foi vivir fóra anda moi aqueloutrado. ( Preocupado )

3- A contracción daquela é moi empregada e ten un dobre valor:
            Adverbial, equivalente a a entón : daquela bailábase doutro xeito.
            Valor de conxunción, co sentido de polo tanto: Non estudiaches, daquela vas suspender.
4- Nisto, nestas, con estas poden funcionar coma adverbios co significado de: entón, de repente, ó momento de acontecer:
            Prendín o televisor e nisto soou o teléfono.
            Estabamos na praza e nestas botouse a chover.

  POSESIVOS  

      O mesmo que os demostrativos e os artigos, os posesivos son presentadores e actualizadores e poden ter función adxectiva ou substantiva. Expresan unha idea de posesión, que vai referida ás persoas gramaticais.

FORMAS

   
Persoa
Singular Plural
Masculino Feminino Masculino Feminino
1ª sing. meu miña meus miñas
2ª sing. teu túa teus túas
3ª sing. seu súa seus súas
1ª plur. noso nosa nosos nosas
2ª plur. voso vosa vosos vosas
3ª plur. seu súa seus súas

        As formas dos posesivos son as mesmas tanto en función adxectiva coma substantiva: dáme as miñas chaves / dáme as miñas.

        Os posesivos esixen a presencia do artigo, excepto cos vocativos. Cos nomes de parentesco este uso é opcional. Tampouco se pon o artigo nalgúns casos nos que o posesivo vai posposto ó substantivo:
                Colleu o seu bolso e saíu.

                ¿Qué tal che vai, meu amigo?
               A miña nai chegará maña / Miña nai chegará mañá.
                Chamoume un amigo teu.

VALORES ESPECIAIS DO POSESIVO

        1- As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu, úsanse para expresar pertenza exclusiva ou calidade propia por natureza: ten piso de seu ( pertenza exclusiva ); é xeneroso de seu
                ( ten esa calidade por natureza)
  
     2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo:
                Xogaban con cadanseu balón; as mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza.
  
     3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: está detrás túa ( de ti )
        4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: senta aquí, meu amigo.

        Usados con numerais poden equivaler a unha expresión que indica cantidade aproximada: ata alí haberá os seus setenta quilómetros.