Eu son Matuquín, mestra profesora de galego e licenciada en Humanidades, e o propósito destas páxinas é facer un percorrido ameno pola historia e pola gramática da nosa lingua. Procurarei facelo dun xeito sinxelo, fuxindo de demasiados tecnicismos, para que poida resultar útil a calquera persoa que cunha pouca de curiosidade se achegue a esta páxina.
Se Vostede ten algunha indicación, dúbida ou simplemente quere facer algún comentario, póñase en contacto comigo na dirección de correo electrónico que figura máis abaixo. Estarei encantada de atender a todas as persoas que o demanden.
Do mesmo xeito, se quere saber cando se actualiza a páxina, déixeme o seu enderezo,e comunicareillo persoalmente.

info@matuquin.com