OS CASTELANISMOS   

          Danse ás veces na lingua unha serie de desviacións do que podemos considerar a norma. De entre todolos desvíos da norma estándar que afectan á pureza e enxebreza da lingua galega, os castelanismos son os máis importantes. Estas palabras alleas, que atopamos por milleiros, amais de seren moi difíciles de eliminar, son en certo sentido unha ameaza para a lingua.
          Se nos paramos a pensar un chisco   veremos que non é tan rara  a presencia dun número tan elevado de interferencias da lingua castelá, se consideramos que houbo unha situación de contacto interrompido durante cinco séculos, que hai similitudes entre ámbolos dous sistemas lingüísticos e que a nosa lingua sobreviviu nun estado de abandono absoluto .
          Pararémonos  agora a revisar algúns dos castelanismos más coñecidos. Hoxe faremos especial fincapé naqueles nos que se dá unha adaptación á fonética galega, ou sexa que baixo unha certa apariencia de forma galega, o que en realidade hai é unha palabra do castelán mal traducida ó galego, para entendérmonos.
          Vexamos:  non debemos dicir   *almexa , *amortaxar, *antollo, *aparexar, *baraxa, *burbuxa, *concexal, *conexo, *lentexa, *manoxo, *mortaxa, *oxal, *parexa ou *partixa.
          ¿E cales son entón as formas correctas?. Atenda ben e tome nota, para aprendelas dunha vez e incorporalas ó seu vocabulario Son estas: ameixa en lugar de almexa ; amortallar, antollo ( as embarazadas teñen antollos, non antoxos)  , aparellar, baralla( en lugar de baraxa ), burbulla, concellal, coello, lentella, mollo ( e non manoxo ), mortalla, ollal parella e partilla.