Comentaremos neste tema algúns aspectos dos lusismos. O lusismo consiste en substituír
una forma lexítima galega pola correspondente portuguesa. O lusismo pode afectar ó
léxico, á morfoloxía, ou simplemente á ortografía.
A presencia dos lusismos non é moi
estraña, se temos en conta que o portugués e o galego son linguas irmás que comparten
unha importante etapa da súa historia, e que o portugués é una axuda inestimable no
labor de recuperación do, ás veces, contaminado idioma galego. Gracias ó portugués
reparáronse moitas deficiencias léxicas e recuperáronse formas perdidas. Polo tanto o
feito de recorrer ó portugués pode ser lexítimo en moitos casos, pero non sempre, xa
que ás veces a lingua galega posúe a súa propia solución.
Veremos agora algunha das formas
consideradas tradicionalmente como lusismos, e que neste caso deberemos rexeitar porque xa
temos na nosa lingua o noso auténtico xeito para dicilo.
| Lusismos |
Forma
correcta |
| *vale |
val |
| *pele |
pel |
| *mau |
malo |
| *proprio |
propio |
| *ponto |
punto |
| *nervo |
nervio |
| *nervoso |
nervioso |
| *meio |
medio |
| *dicer |
dicir |
| *escrever |
escribir |