| A PREPOSICIÓN |
| Preposicións | Locucións prepositivas |
a |
á beira de, beira de, cabo de ó lado de, a par de, ó par de, pé de, xunto de, xunto a; a carón de, a rente(s) de, a ras de; a forza de, a poder de, a por de, a non ser, de non ser, non sendo, agás de, bardante de, fóra de; a prol de, a favor de, en favor de; a través de; acerca de,en canto a, respecto a, respecto de, tocante a, á parte de; cara a, cas de; cerca de, preto de; encima de, enriba de, por riba de; co gallo de, co adaxo de; despois de; diante de, dediante de; encol de; en medio de, no medio de; en vez de, en troques de, no canto de, en lugar de; fronte a, enfronte a, enfronte de, por causa de, por culpa de, por mor de; primeiro de; sobre de. |
ANTE e PERANTE son
sinónimos, aínda que perante ten un significado máis restrinxido = en presencia de. Non
confundir con DURANTE. Ex.: Tivo que declarar perante o xuíz; traballou durante
varios meses alí.
ATA e DEICA non son
intercambiables en todos os contextos. ATA ten un significado máis amplo, mentres que
o de DEICA é restrinxido, e só se pode empregar no canto de ATA cando significa
de aquí a, desde este momento. Ex.: ata eles mesmos o
saben; para ir deica á Coruña precisas dunha hora polo menos.
SEGUNDO, CONSONTE e CONFORME
significan practicamente o mesmo = de acordo con. Ex.: Segundo din, vai chover uns cantos
días máis; conforme pasan os días atópase mellor; actúa consonte pensas.
CANDA indica simultaneidade na
acción, ou compañía, mentres que ONDA indica lugar en repouso, no mesmo sitio ca
. Ex.: Deixou o can onda o río; ven canda min ó cine.
ENCOL DE significa localización
espacial de superioridade, non podendo empregarse en sentido abstracto. Equivale a encima,
indicando sempre contacto físico. Ex.: O prato está encol da mesa. Sería polo tanto
incorrecto dicir : *haberá unha conferencia encol da globalización. Neste caso deberemos
empregar acerca de ou sobre.
CO GALLO DE, CO ADAXO DE
significan con ocasión ou motivo de, co pretexto de. Ex.: co
gallo do seu aniversario celebraron unha cea.
| CONXUNCIÓNS E LOCUCIÓNS CONXUNTIVAS |
Copulativas |
||
| a mais | e mais | nin |
| e | mais | |
Disxuntivas e distributivas |
||
| que...que | ora...ora | quer...quer |
| ben...ben | ou | volta volta |
| cal...cal | ou...ou | xa xa |
| nin nin | ||
Adversativas |
|
| pero, mais | e iso que |
| aínda que, inda que, anque | agora que, ora que |
| non obstante | agora ben, ora ben |
| sen embargo | senón que, fóra de que |
| nembargantes | só que |
| senón, con todo | sacado que, sacando que |
| así e todo, así a todo | menos que, a menos que |
| por iso | excepto que |
| emporiso | agás que, bardante(s) que |
Concesivas |
||
| a pesar de que | inda que | pese a que |
| a pouco que | máis que | por ( + adx.) que |
| aínda que | mal que | por máis que |
| anque | mesmo que | por moito que |
| así | nin que | por pouco que |
| ben que | ||
Condicionais |
||
| a menos que | catar que | quitando que |
| a nada que | con se | quitando se |
| a non ser que | con tal de que | sacado que |
| a non ser que | con tal que | sacado se |
| a pouco que | de non ser que | sacando que |
| aga que | de non ser se | sacando se |
| aga se | en caso de que | salvo que |
| agás que | excepto que | salvo se |
| agás se | excepto se | se |
| bardante que | onda non | sempre que |
| cando | quitado que | senón que |
| caso de que | quitado se | |
Causais |
||
| como | por causa de que | posto que |
| como queira que | por cousa de que | que |
| dado que | por culpa de que | visto que |
| pois | por mor de que | xa que |
| pois que | porque | |
| Consecutivas | ||
| (así) pois | de maneira que | polo tanto |
| (así) que | de modo que | por conseguinte |
| conque | de xeito que | por tanto |
| daquela | entón | tan(to)...que |
| de aí que | entonces | xa que logo |
| de forma que | logo | |
Finais |
||
| a fin de que | en favor de que | porque |
| a que | para que | que |
Locativas |
|
| onde | onde queira que |
| Temporais | ||
| a penas | asemade | axiña que |
| antes de que | así que | cada vez que |
| antes que | ata que | cando |
| cando queira que | despois de que | mentres |
| de contado que | despois que | mentres tanto |
| tan pronto | en tanto | namentres |
| de seguida que | entre tanto | non ben |
| deica que | entrementres | ó que |
| dende que | inda ben non | (por) en canto |
| des que | logo que | sempre que |
| desde que | mal | tan presto |
Modais |
||
| (así) como | consonte | segundo |
| ben como | de forma que | sen que |
| coma se | de maneira que | (tal) cal |
| como queira que | de modo que | (tal) como |
| como se | de xeito que | tal e como |
| conforme | mal como | |
Comparativas |
|||
| ca | coma | como | que |
Completivas |
|
| que | se |