| NUMERAIS E INDEFINIDOS |
| NUMERAIS |
Son formas gramaticais que funcionan coma adxectivos ou pronomes, e que se refiren a realidades contables para indicar cantidade ou orde nunha serie. Poden ser: cardinais, ordinais, multiplicativos ou partitivos.
Os cardinais indican un número determinado de elementos da realidade contable. Estas son as súas formas:
| 1 | un, unha | 16 | dezaseis | 50 | cincuenta |
| 2 | dous,dúas | 17 | dezasete | 60 | sesenta |
| 3 | tres | 18 | dezaoito | 70 | setenta |
| 4 | catro | 18 | dezanove | 80 | oitenta |
| 5 | cinco | 20 | vinte | 90 | noventa |
| 6 | seis | 21 | vinteún vinteunha |
100 | cen |
| 7 | sete | 200 | douscentos | ||
| 8 | oito | 22 | vintedous vintedúas |
duascentas | |
| 9 | nove | 300 | trescentos/as | ||
| 10 | dez | 23 | 400 | catrocentos/as | |
| 11 | once | 30 | trinta | 500 | cincocentos/as |
| 12 | doce | 31 | trinta e un... | quiñentos/as | |
| 13 | trece | 33 | 600 | seiscentos | |
| 14 | catorce | 40 | corenta... | 1.000 | mil |
| 15 | quince | 47 | corenta e sete | 1.000.000 | un millón |
É importante observar que se escribe nunha soa palabra toda a decena formada polo vinte: vinteún, vintecatro, vinteoito..., mentres que nas seguintes temos que escribir separadas as decenas das unidades, enlazadas coa conxunción copulativa e: trinta e oito, corenta e nove, oitenta e tres...
Os ordinais sinalan o lugar que ocupa un elemento nunha serie. Imos ver as súas formas:
| 1º | primeiro | 16º | décimo sexto |
| 2º | segundo | 17º | décimo sétimo |
| 3º | terceiro | 18º | décimo oitavo |
| 4º | cuarto | 19º | décimo noveno |
| 5º | quinto | 20º | vixésimo |
| 6º | sexto | 21º | vixésimo primeiro |
| 7º | sétimo | 22º | vixésimo segundo |
| 8º | oitavo | 30º | trixésimo |
| 9º | noveno | 40º | cuadraxésimo |
| 10º | décimo | 50º | quincuaxésimo |
| 11º | undécimo | 60º | sesaxésimo |
| décimo primeiro | 70º | septuaxésimo | |
| 12º | duodécimo | 80º | octoxésimo |
| duodécimo | 90º | nonaxésimo | |
| 13º | décimo terceiro | 100º | centésimo |
| 14º | décimo cuarto | 1000º | milésimo |
| 15º | décimo quinto | 1000000 | millonésimo |
Todas as formas dos ordinais admiten morfemas de xénero e número. Nas formas compostas, só se engaden ó segundo elemento: décimo quinto, décimo quinta, décimo quintos, décimo quintas.
Os multiplicativos indican o número de veces que unha cantidade contable contén
outra menor:
( x 2 ) dobre, coa variante duplo, dupla
( x 3 )
triple, triplo, tripla
( x 4 )
cuádruple, cuádruplo, cuádrupla
( x 5 )
quíntuplo, quíntupla
( x 6 )
séxtuplo, séxtupla
( x 10 ) décuplo, décupla
Os restantes fórmanse co cardinal correspondente seguido da palabra veces.
Os partitivos sinalan a fracción exacta dun todo. Teñen estas formas:
1/2 medio/a;
metade
1/9 noveno/a
1/3 tercio/a
1/10 décimo/a
1/4 cuarto/a
1/11 onceavo/a
1/5 quinto/a
1/12 doceavo
1/6 sexto
1/ 13 treceavo
1/7 sétimo
1/20 vinteavo
1/8 oitavo
1/ 100 centésimo
Obsérvese que a partir de 1/11, exceptuando 1/100, 1/1000 e 1/1000000, o partitivo faise
engadindo ó cardinal o sufixo avo: 2/28 dous vinteoitoavos.
| INDEFINIDOS |
Chamamos así a unha serie de palabras que se caracterizan por dar unha idea de imprecisión, de indeterminación, referidas ás nocións de número ou cantidade, ou á identidade de algo ou alguén. En canto á súa forma, dividímolos en variables e invariables:
Variables:
Algún, algunha, algúns, algunhas.
Ningún, ningunha, ningúns, ningunhas.
Todo, toda, todos, todas.
Certo, certa, certos, certas.
Outro, outra,
outros, outras.
Moito, moita, moitos, moitas.
Pouco, pouca, poucos, poucas.
Abondo, abonda, abondos, abondas.
Demasiado, demasiada, demasiados,
demasiadas.
Mesmo, mesma, mesmos, mesmas.
Propio, propia, propios, propias.
Tanto, tanta, tantos, tantas.
Canto, canta, cantos, cantas.
Ambos, ambas.
Entrambos, entrambas.
Varios, varias.
Bastante, bastantes.
Tal, tales.
Invariables:
Algo, nada, ren, alguén, ninguén, cada,
calquera, cadaquén, quenquera, máis, demais, menos.
Cómpre sinalar que calquera é invariable e que non apocopa cando precede ó substantivo. Non existe polo tanto no galego a forma *calquer.
A
inexistencia de persoas está representada pola forma NINGUÉN, non existindo a forma
*naide, frecuentemente empregada dun xeito
incorrecto.
Menos, máis e demais úsanse sempre precedidos de artigo: os máis, os menos...
Contraccións
do indefinido coas preposicións
As formas algún e outro, cos seus femininos e plurais, contraen coas preposicións en e de: nalgún, nalgunha...; dalgún, dalgunha...; noutro, noutras...; doutros, doutras... Pero en cambio con alguén e algo non se marca a contracción na escrita: de alguén; en algo...