O galego na Idade Media  


          Hai nesta época unha enorme semellanza entre o galego e o portugués, podéndose falar dunha única lingua : a galego-portuguesa, que serve de instrumento de comunicación a tódalas clases sociais para calquera tipo de expresión, desde a máis cotiá e popular ata a máis culta e literaria.
          O galego escrito úsase en todo tipo de textos, cartas, composicións literarias, documentos notariais... , tanto de carácter público coma privado.
          Durante o século XIII e a 1ª metade do XIV  chega a ter unha grande importancia literaria, sendo considerado o galego como a lingua máis axeitada para a lírica trobadoresca.  Tres tipos de composicións poéticas destacan nesta época: as
cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir, escritas por autores tan importantes como Martín Codax, Mendiño, Pero  Meogo etc., e  recollidas e conservadas  en tres grandes compilacións : Cancioneiro de Ajuda, Cancioneiro da Vaticana e Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Mención especial merecen as Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio, obra que demostra claramente o enorme prestixio acadado pola nosa lingua nesa época.
          Pero ademais das composicións líricas, tamén se escriben textos en prosa e importantes documentos. Unha parte dos textos que se conservan son obras que tratan da historia universal e de España, sendo as máis antigas a Crónica  Xeral Galega e a Xeral  Historia. Posteriores son A Crónica  Xeral de España , A Crónica Galega de 1404 e A Crónica de Santa María de Iria.
          O galego era ademais a lingua de tódolos documentos escritos, notariais, administrativos, xudiciais, contratos ...., e tamén empregado en obras de carácter científico, didáctico ou haxiográfico.
          Como resumo podemos engadir que o galego vivía entón unha época de pleno desenvolvemento, podendo referírmonos a ela coma O esplendor medieval.
            


As cantigas de amigo son poemas líricos escritos por un home pero postos en labios dunha muller namorada. A muller expresa a súa paixón amorosa máis chea de dor ca de gozo, a súa resignada sumisión ó amor ou amigo ou ben a oposición da nai a ese amor. A maior parte son un monólogo  no que a muller se dirixe á súa nai, a unha irmá, a unha amiga confidente, ó propio amado ou a algún elemento da natureza  que aparece personificado. Algunhas veces, o destinatario responde e a cantiga cobra unha sinxela estructura dramática.

          Esta é unha das máis famosas e coñecidas cantigas de amigo:

odmdv3.gif (5578 bytes)

Martin Codax

    
volver a "O galego na Idade Media"


As cantigas de amor son poemas nos que o poeta  se dirixe en primeira persoa á súa dama ou reflexiona sobre o amor ou sobre a amada. O temá é   tamén o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home. As cantigas de amor galego-portuguesas xorden por imitación da poesía trobadoresca provenzal dos séculos XII e XIII, pero presentan diferencias: a canço provenzal está suxeita a unhas normas de versificación moi estrictas, mentres que as cantigas de amor eliminan case todos os elementos decorativos e presentan a paixón amorosa núa; na provenzal predomina o ton de ledicia e nas cantigas o poeta non é correspondido pola dama e predomina polo tanto a paixón infeliz.

ca3.gif (9509 bytes)

D.Denís   

    
volver a "O galego na Idade Media"