O SUBSTANTIVO |
A definición tradicional di que son substantivos as palabras que serven para designar
seres ou ideas. Desde o punto de vista funcional desempeñan a función de núcleo dun
sintagma nominal.
Morfoloxicamente a estructura dos substantivos e adxectivos é a mesma, xa que ambos están constituídos por un lexema, que é o elemento que porta o contido léxico da palabra ( o significado), e uns morfemas, dos cales uns son constitutivos ( xénero e número ) e outros facultativos ( sufixos e morfemas derivativos ).
Estudiaremos agora estes morfemas constitutivos, o xénero e o número, aplicables tanto ó substantivo coma ó adxectivo.
O xénero |
O galego diferencia dous xéneros: masculino e feminino, non existindo na nosa lingua substantivos neutros. Algúns substantivos presentan invariablemente un só xenero, e outros, os que designan ou nomean seres sexuados, admiten os dous xeneros.
Dentro dos que admiten só un, que son normalmente os que se refiren a seres non sexuados, o xénero obedece a razóns culturais de diversa orixe. Vexamos a continuación algunhas das particularidades que presenta o xénero dos substantivos e adxectivos en galego:
1 Son masculinos os nomes das letras: o a, o be, o eñe...
2 Teñen xénero masculino ( en oposición ó castelán ) os seguintes substantivos : o berce ( en castelán la cuna ) , o cal ( la cal ), o cárcere ( la cárcel ) o costume ( la costumbre ), o couce ( la coz ), o cume ( la cima) ,o cuspe ( la saliva ) o dote ( la dote ), o fel ( la hiel ), o labor ( la labor), o legume ( la legumbre ) o leite ( la leche ), o lume ( la lumbre ), o mel ( la miel ), o nariz ( la nariz ), o riso ( la risa ), o sorriso ( la sonrisa ),o sal ( la sal ), o sinal ( la señal ), o ubre ( la ubre ), o xiz ( la tiza )...
3 Son femininas as palabras rematadas en axe : a friaxe, a linguaxe, a viaxe, a porcentaxe... Exceptúanse desta regra : o garaxe, o paxe e o traxe. A palabra personaxe pode presentar os dous xéneros.
4 Son femininos polo xeral os substantivos que designan árbores froiteiras, pero non todos. Unha regra de utilidade é a seguinte: o xénero da árbore froiteira é sempre o mesmo có da froita que dá, excepto a figueira que dá o figo ( árbore feminina, froito masculino ) e o castiñeiro que dá a castaña ( árbore masculino, froito feminino ). Vexamos algúns exemplos:
árbore |
froita |
árbore en castelán |
A abeleira | A abelá | El avellano |
A ameixeira | A ameixa | El ciruelo |
A cerdeira | A cereixa | El cerezo |
A laranxeira | A laranza | El naranjo |
A maceira | A mazá | El manzano |
A nogueira | A noz | El nogal |
A oliveira | A oliva | El olivo |
A pereira | A pera | El peral |
O marmeleiro | O marmelo | El membrillo |
O limoeiro | O limón | El limonero |
5 Son femininas as palabras cultas de orixe grega que rematan en se : a análise, a crise, a eclipse, a énfase, a paréntese... Cómpre ter en conta que non todas as palabras que en castelán rematan en is vano facer en galego en e, hai unha serie de excepcións: gratis, chasis, oasis...
6 Teñen xénero feminino os seguintes substantivos ( en oposición ó castelán ) : a árbore ( en castelán el árbol ), a arte ( el arte ), a cal/a canle ( el canal ), a calor ( el calor ), a cor/ a color ( el color ), a dor/ a dolor ( el dolor ), a orde (el orden ), a orixe ( el origen ), a pantasma ( el fantasma ), a ponte ( el puente ), a reuma ( el reúma ), a sentinela ( el centinela ), a suor ( el sudor )...
Considerando agora os substantivos e adxectivos que admiten cambio de xénero, é importante coñecer as principais regras polas que se segue a formación do feminino:
1 - Os que presentan o / -e para o masculino, cambian este por a.
fillo/filla mestre/mestra
neno/nena
Os adxectivos en e son normalmente invariables: suave, posible...
2 Os substantivos masculinos rematados en vocal tónica ou consoante distinta
de n forman o feminino engadindo a :
avó/avoa rapaz/rapaza
deus/deusa
3 Os masculinos rematados en ón admiten o feminino en ona ou -oa
indistintamente:
león/leona ou leoa patrón/patrona ou patroa
4 Os masculinos rematados en án poden responder a dous tipos:
a) masculino án / feminino á
irmán/irmá aldeán/aldeá
castelán/castelá
b) masculino án / feminino ana
folgazán/folgazana gardián/gardiana
capitán/capitana
Este apartado pode resultar conflictivo ás veces, xa que non é fácil saber que forma é
a que corresponde a cada unha das palabras rematadas en án no masculino. Seguen o
tipo a) as palabras patrimoniais, mentres que o b) é característico dos cultismos
ou palabras que entraron na lingua mís recentemente.
5 Os adxectivos acabados en ano forman o feminino en ana :
humano/humana urbano/urbana
cubano/cubana
6 - Algúns substantivos que rematan en e fan o feminino en esa ou en
isa. Tamén poden facer o feminino en isa algúns substantivos masculinos
rematados en a:
duque/duquesa abade/abadesa
poeta/poetisa
7 - Outros substantivos fan o feminino dunha forma irregular:
barón/baronesa xudeu/xudía
can/cadela
8 - Algúns substantivos que se refiren a seres sexuados presentan lexemas diferentes
para o masculino e o feminino:
home/muller cabalo/egua
xenro/nora
9 - Hai susbstantivos que teñen a mesma forma para o masculino e o feminino, o
único que cambia é o artigo:
o novelista / a novelista o mártir / a mártir
10 - Algúns substantivos aplicables a seres sexuados non presentan flexión de
xénero, a mesma palabra serve para os dous sexos:
a víctima a criatura
O número |
O morfema de número marca a diferencia entre realidades singulares e múltiples. O que máis nos interesa é o xeito de formar o plural en galego, que segue unhas regras básicas:
rei/reis israelí/israelís
man/mans
atún/atúns
2 Os nomes rematados en consoante R ou Z engaden ES ó
singular:
calor/calores muller/mulleres
rapaz/rapaces
3 As palabras agudas rematadas en S engaden ES:
revés/reveses pontevedrés/pontevedreses
4 As palabras graves e esdrúxulas rematadas en S e os nomes rematados en
X non varían en plural:
lapis mércores
oasis
fax
tórax
5 As palabras rematadas en L forman o plural conforme ás seguintes
regras:
a) Os monosílabos engaden ES ó singular:
sol/soles pel/peles
mel/meles
b) As palabras de máis dunha sílaba se son agudas perden o
L e engaden IS :
papel/papeis ; local/locais ; animal/animais ; baúl/baúis
Se a palabra aguda remata en IL,
unicamente substitúe o L por un S: mandil/mandís ; cadril/cadrís ;
funil/funís
c) As palabras graves rematadas en L forman o plural
engadindo -ES:
dátil/dátiles ; fósil/fósiles ; túnel/túneles ; cónsul/cónsules
6 Nas palabras compostas tamén temos que seguir pautas diferentes:
a) Se a palabra composta leva os seus elementos completamente
soldados, unidos, só se forma o plural do segundo elemento:
Vacaloura/vacalouras;
vagalume/vagalumes; paporroibo/paporroibos
b)
Cando os dous elementos se escriben separados, pluralízanse os dous termos:
garda
civil/gardas civís ; porco teixo/ porcos teixos
c)
As palabras unidas con preposición pluralizan só o primeiro elemento:
pita
do monte / pitas do monte ; cinto de seguridade/ cintos de seguridade
7 Os
estranxeirismos e cultismos forman normalmente o pural engadindo S:
club/
clubs ; test/tests ; boicot/boicots