RELATIVOS  

        Os relativos fan referencia a unha palabra anterior a eles no contexto e coa que concordan, se procede, en xénero e número. Esa palabra anterior chámase antecedente.

                    FORMAS

Pronomes que quen cal/cales canto/canta
cantos/cantas
Adverbios onde      

        As formas que e quen son invariables, serven tanto para o masculino coma para o feminino, o singular e o plural. É polo tanto importante que saiba que en galego non existe a forma *quenes, usada incorrectamente en moitas ocasións. A forma quen esixe que estea en singular o verbo ó que antecede, a excepción do verbo ser: quen fixo iso...: quen sexan convidados...

        Non existe en galego a forma *cuio. En caso de que teñamos que traducir *cuyo do español, deberemos facelo empregando outras palabras que non alteren o significado da frase.

  INTERROGATIVOS  

        A súa utilidade é formular preguntas. Poden ter función substantiva ou adxectiva, dependendo  de se van sós ou acompañando a outros substantivos, agás o interrogativo quen que sempre ten función substantiva.

                    FORMAS

Pronomes que quen cal/cales canto/canta
cantos/cantas
Adverbios u
( lugar )
cando
( tempo )
onde
( lugar )
como
( modo )

      O mesmo que dixemos para o relativo quen é aplicable ó interrogativo da mesma forma: non admite plural. Para realizar preguntas deberemos facelo coa frase en singular ou ben co verbo ser en plural: ¿quen chegou primeiro?/ ¿quen son os que chegaron primeiro?

        O adverbio interrogativo u ( ¿onde? ) procede do interrogativo latino ubi. Hoxe  non se usa tanto coma noutras épocas, pero está vivo nalgunhas zonas:
                                                  Os cartos, ¿ulos?
                                                  Iso, ¿u-los cartos?

  EXCLAMATIVOS  

Úsanse estes pronomes para resaltar un enunciado, expresando perigo, asombro, estrañeza... Van acompañados dos signos de exclamación.

As funcións e as formas son as mesmas dos pronomes interrogativos, coa excepción de u.

                Función substantiva:     ¡Quen cho dera!
                                                     ¡Canto me gusta ese vestido!

                Función adxectiva:      ¡Que frío vai!
                                                    ¡Canto ruído facedes!

                Función adverbial:        ¡Como me puxen!
                                                    ¡Onde foi aparecer!