| Usos do B e do V |
O feito de que en galego posuamos dúas grafías ( b, v ) para o mesmo fonema /b/, é un factor que contribúe a que ás veces haxa confusión no seu uso. A distinción gráfica téndese a facer conforme á etimoloxía
Daremos a continuación algunhas das palabras que son máis significativas pola súa ortografía, e sobre todo aquelas que se diferencian do castelán.
| galego | castelán |
| abelá | avellana |
| baleiro, baleirar | vacío, vaciar |
| bolboreta | mariposa |
| marabilla, marabilloso | maravilla, maravilloso |
| marabedí | maravedí |
| móbil e derivados | móvil |
| rebentar | reventar |
| trobador, trobar | trovador, trovar |
| galego | castelán |
| acivro | acebo |
| avó, avoa | abuelo, abuela |
| avogado | abogado |
| avultamento, avultar | abultamiento, abultar |
| avoengo | abolengo |
| covarde, covardía | cobarde, cobardía |
| corveta | corbeta |
| Cristovo | Cristóbal |
| chuvasco | chubasco |
| escarvar | escarbar |
| Estevo | Esteban |
| esvarar | resbalar |
| esvelto | esbelto |
| garavanzo | garbanzo |
| gravar, gravación | grabar, grabación |
| gravata | corbata |
| louvar, louvanza | alabar, alabanza |
| pavillón | pabellón |
| trevo | trébol |
| varanda | barandilla |
| varrer, varrendeiro | barrer, barrendero |
| verniz, vernizar | barniz, barnizar |
| voda | boda |
| voitre | buitre |
| vulto | bulto |
| xavalina | jabalina |