Usos do H (hache) e do X (xe)   

O uso do h ( hache)

O hache é a oitava letra do alfabeto galego, unha simple grafía sen ningún valor fonolóxico, que pode aparecer en posición inicial (home, hoxe), final (eh, maharajah) ou no interior da palabra  (ohmio, mihrab). 

O criterio que se adopta á hora de saber se unha palabra se escribe con h ou sen el, é o etimolóxico na maior parte dos casos. Non levan h en galego as seguintes palabras:  (adverbio), ata (preposición), ¡ala!, alelí, arpa, baía, irmán, inchar ( e derivados), oco, ola ( interxección), ombro, ombreiro, orchata, orfo, óso, ovo, úmero...

Contrariamente, levan h inicial ou no interior da palabra, as seguintes : harmonía, harmonizar, harmonioso, harmónica, hedra, helmo, filharmónica, Helena, Henrique... 

Algunha palabra pode ser grafada con ou sen h, indistintamente : alcohol ou alcohol ( e os seus derivados).

 
O uso do x ( xe)

O xe é a vixésimo segunda letra do alfabeto galego e pode representar ó fonema fricativo prepalatal xordo, que aparece en palabras como  xente ou queixo, e tamén ó grupo fónico /ks/ que aparece en palabras cultas, como por exemplo : texto, taxi, exame... 

Levan X a diferencia do castelán :

X no canto de S : xarampón, taxa, Bruxelas, enxalzar, graxa, xastre, cornixa, igrexa...

X en lugar de Y: cónxuxe, inxección, pexorativo, proxectil, traxecto, xeso, xacer, conxuntura, maxestático, proxecto, subxugar, xema, xugular, xustaposición,  así coma os derivados destas palabras.

X no canto de CH: bolxevique, clixé, haxís, xelín, xilaba... 

X no canto doutras grafías: arxila, bocexar, bosquexo, cervexa, conxectura, enxiva, lixivia, oxalá, pelexa, solfexo, xaxún... e moitas máis. 

Existen palabras no galego que tradicionalmente se escriben con s e  non con x:  escavar ( e derivados), escéptico, espremer, espremedor, estender ( pero extensión, extenso, extensivo, extensamente ), estraño ( e derivados), estranxeiro ( e derivados), estrema ( linde)...

Se nunha mesma palabra conflúen dous xes, un con valor de /ks/, e outro con valor de fonema fricativo prepalatal xordo, recoméndase substituír o primeiro por s : esaxerar, esixir, osíxeno... e tamén nos seus derivados. Pero cómpre advertir que esta restricción non afecta ós prefixos nin ás palabras compostas: toxicoloxía, lexicoloxía...